Artigo Científico

Como ensinar a lingua e a literatura galega a través dos refráns

Publicado em: 2022-5-1

Autores

  • Autor desconhecido

Resumo

Neste traballo analízanse as posibilidades que ofrece o refraneiro no ensino da lingua en contornos escolares obrigatorios, especialmente no ensino secundario. Nun primeiro momento inténtase enmarcar o refrán con respecto a outros tipos de unidades fraseolóxicas (colocacións, locucións, fórmulas, mesmo citas), para determinar as súas peculiaridades neste ámbito. De seguido, analízanse as características dos refráns desde o punto de vista lingüístico para determinar se, de acordo con esas propiedades intrínsecas, a lingua das paremias pode ser considerada como modelo de ensino da lingua común. Finalmente, na última parte do artigo, ofrécense actividades encamiñadas ao desenvolvemento da competencia paremiolóxica do alumnado (para que poida acadar o mínimo ou o óptimo paremiolóxico) así como exercicios nos que se aproveitan os refráns para a mellora da competencia lingüística e literaria. Trátase de actividades organizadas segundo diferentes parámetros: léxico, gramática, semántica, pragmática, variación lingüística, multimodalidade, figuras literarias etc.

Utilizamos cookies para melhorar sua experiência. Ao navegar, você concorda com nossa Política de Privacidade. Ler Política

Painel de Acessibilidade

Ajuste sua experiência de navegação

LIBRAS

ASSISTÊNCIA VISUAL

Tamanho da Fonte

100%